O Concello de Manzaneda inicia as obras de mantemento na estrada de Ponte Raigada a Presa do Vao

O Concello de Manzaneda iniciou esta semana os traballos de mantemento e pavimentación na estrada que conecta Ponte Raigada coa Presa do Vao.
Durante esta semana, explican dende o Goberno municipal, estanse realizando labores de limpeza das cunetas, polo que se recomenda extremar as precaucións ao circular pola vía, xa que hai maquinaria traballando nos beirís.
Na vindeira semana está previsto comezar coa conformación das cunetas de formigón. Para garantir a seguridade durante esta fase, é posible que se realicen cortes temporais de tráfico, que serán avisados con antelación indicando os días e horarios correspondentes.