O Concello de Folgoso do Courel celebrará o Día Internacional da Muller cun xantar
RibeiraSacraXa
As persoas interesadas poderán anotarse até o 2 de marzo

15 Feb 2026
O Concello de Folgoso do Courel organizará un xantar con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo. As mulleres residentes no municipio poden anotarse chamando ao 982 433 001 ata o día 2 de marzo. Ao facer a inscrición, deberán indicar se precisan transporte para acudir ao evento.
O lugar exacto da celebración darase a coñecer unha vez se confirme o número total de participantes. O prezo para asistir será de 12 euros.