O Concello de Folgoso do Courel busca cubrir unha praza de auxiliar do SAF

RibeiraSacraXa
O Concello de Folgoso do Courel vén de publicar que teñen aberto un proceso selectivo para a cobertura dunha praza de auxiliar do SAF
maiores saf
26 Mar 2023

O Concello de Folgoso do Courel vén de publicar na súa sede electrónica que teñen aberto un proceso selectivo para a cobertura, con carácter temporal, dunha praza de auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar.

Esta praza será de xornada parcial, 30 % da xornada, ampliable, segundo necesidades do servizo ata o máximo legalmente establecido, a desenvolver en sábados, domingos e festivos, por un período de 6 meses.

As persoas seleccionadas prestarán os seus servizos nos lugares que lle sexan asignados pola responsable de Servizos Sociais deste Concello tendo en conta as persoas que sexan beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar.

Letreiro benvida O Saviñao
0.11347484588623