O Concello de Chantada recibe de novo a distinción de Catro Flores de Honra
RibeiraSacraXa
O Concello de Chantada revalidou as 4 Flores de Honra dos anos anteriores grazas á mellora dos espazos verdes urbáns.
18 Nov 2021
O Concello de Chantada revalidou as 4 Flores de Honra dos anos anteriores grazas á mellora dos espazos verdes urbáns.
No día de onte celebrouse o certame de Vilas en Flor no Concello de Allariz e a concelleira de Parques e Xardíns, Conchi Fernández foi a encargada de recoller esta distinción.
Esta distinción non só é para o Concello senón que os veciños teñen moito que ver por coidar os espazos públicos e mantelos en bo estado.
En total foron 29 os concellos galegos galardoados.
Vilas en Flor
É unha iniciativa que pon en valor a riqueza natural e paisaxística de Galicia distinguindo os espazos verdes dos concellos galegos. Está organizada pola Fundación Juana de Vega, Asvinor e Agaexar Asociación Galega de Empresas de Xardinería