O Concello de Chantada programa un amplo calendario de actividades para nenos e nenas
A Concellería de Igualdade do Concello de Chantada programa un amplo calendario de actividades para nenos e nenas durante a última semana de xuño e todo o mes de xullo. Ademais, para agosto prepárase unha proposta novidosa de competencias dixitais.
Tanto o Diverxuño como os Campamentos de Verán están destinados a nenos e nenas nados entre 2012 e 2020, é dicir, que teñen entre 4 e 12 anos.
O horario será de 10.00 a 14.00 horas coa opción de servizo de madrugadores, de 8.00 a 10.00 horas, tanto para o Diverxuño como para os Campamentos de Verán, desenvolvéndose nos dous casos no CEIP Xoán de Requeixo.
Tamén, para o Diverxuño e os Campamentos de Verán, as inscricións faranse na recepción de Servizos Sociais no Edificio Multiusos ata o 19 de xuño.
Coa proposta Diverxuño, contarase con obradoiros do 24 deste mes ao 28, actividades que incluirán cuestións de perspectiva de xénero tódolos días e alternativas de lecer novidosas con pospostas diferentes en cada xornada.
O luns, 24 de xuño, terán lugar os obradoiros de San Xoán, contando co Escape Room de San Xoán, ‘Atopa á intrusa; actividades sensoriais de bolsas aromáticas, xogos de presentación e dinámicas cooperativas.
O martes, 25 de xuño, leva por nome Cientific@s tol@s, con xogos cooperativos e experimentos divertidos e o mércores, 26 de xuño, desenvólvese a proposta Rockstars, con xogos cooperativos, elaboración de instrumentos con materias de refugallo, decoración de Rock, ‘As mulleres do Rock’, ademais dun concerto grupal.
O xoves, 27 de xuño, a cita é con Eco-inventores, propoñendo xogos cooperativos, desafíos de construción sostible, ‘As 10 mulleres inventoras para recordar’, e actividades inspiradas nos debuxos animados: Wall-E, La Familia Robinson.
O punto e final ao Diverxuño farase o venres 28 coa Festa das Cores (festa holi), co que desenvolverán xogos cooperativos, Pos holi caseiros, Busca do tesouro colorida, mandalas de cores, ‘O arco da vella da igualdade’.