O Concello de Chantada pon en marcha unha nova campaña de actividades para maiores
O Concello de Chantada, a través da Concellería de Servizos Sociais e Benestar, pon en marcha unha nova campaña de actividades para maiores.
Así, terá lugar durante este curso a actividade de ximnasia rural, co que xa comezaron os obradoiros gratuítos de xerontoximnasia en 13 parroquias.
Actualmente, as actividades desenvólvense dúas veces á semana por parroquia de luns a venres polas tardes. Así, os luns desenvolvése en Muradelle, Argozón, Laxe e Merlán; os martes en Requeixo, San Cristovo, Viana, Veiga, Mariz, Brigos e Nogueira; os mércores en Muradelle, Argozón, Laxe, Sabadelle e Merlán, os xoves en Requeixo, Veiga, Mariz e Nogueira e os venres en Sabadelle, San Fiz e Brigos.
Por outra parte, tamén se puxo en marcha o programa de pintura en óleo e tea que se imparte no Edificio Multiusos os mércores desde as 16.30 a 19.00 horas os de pintura en óleo e venres no mesmo horario para o de pintura en tea.
Estes cursos destinados a persoas maiores de 65 anos e xubilados prolongaranse ata xuño e as persoas que se queiran sumar ás clases poden inscribirse en Servizos Sociais.