O Concello de Chantada organiza unha xornada de Deporte na Rúa, Xogos Populares e Inchables

RibeiraSacraXa
Terá lugar este sábado, 7 de setembro, con diversas actividades que se desenvolverán ao carón das piscinas
Xogos-e-deporte-na-rúa-Chantada
4 sep 2024

O Concello de Chantada, a través da concellaría de Deportes organiza para este sábado, 7 de setembro, unha xornada de Deporte na Rúa, Xogos Populares e Inchables.

As actividades desenvolveranse ao carón das piscinas, de modo que se prohibirá o estacionamento na zona de aparcadoiro para instalar neste lugar os distintos xogos.

Contarase con colchonetas inchables con piscina e para diferentes deportes como tenis, baloncesto, ping-pong, minigolf… e a proposta é totalmente gratuíta, destinada a nenos e nenas de 4 anos en adiante.

A xornada desenvolverase en horario de 16.00 a 20.00 horas, contando con 5 monitores que guiarán as diferentes actividades.

O Concello de Chantada retoma así unha actividade que hai anos se facía nas rúas da vila e que agora se traslada a este espazo para non interferir na actividade cotiá, despois dun mes de agosto repleto de actividades nas rúas e prazas, “un día de deporte na rúa pareceunos importante para desintoxicar das festas e poder entrar con forza na dinámica do colexio; unha forma de despedir as vacacións e que os nenos e nenas afronten a volta ás aulas con enerxía”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

0.18738293647766