O Concello de Chantada celebra o 23 de abril o Día do libro con dúas actividades
O sábado 23 de abril, celébrase o Día do Libro e, dende o Concello de Chantada organizan dúas actividades que fomentan a lectura tanto en nenos coma en maiores, un hábito saudable que enriquece a cada persoa.
Ese mesmo día pola mañá, ás 12.00 horas terá lugar na Biblioteca Municipal de Chantada a presentación de “Historias fabulosas, dous magos e outras cousas” a cargo de Ían e Elisa. Maxia, sombras chinesas, contos e fábulas. A participación nesta actividade non precisa de inscrición previa.
Xa ás 20.00 horas o Auditorio Municipal proxectará A Virxe Roxa Film, a película gañadora dos Premios Mestre Mateo 2022 ao Mellor Documental.
A sipnose sitúase en xuño de 1933, cando un suceso conmociona á España da época: Aurora Rodríguez Carballeira acaba coa vida da súa propIa filla de 18 anos de 4 disparos. Non se trataba dunha moza calquera. Hildegart Rodríguez era unha nena prodixio da política, unha precoz intelectural e pioneira do feminismo en España. O mito de Frankestein faise realidade nunha España ás portas da guerra civil.