O Concello de Chandrexa de Queixa organiza dúas actividades

O Concello de Chandrexa de Queixa organiza dúas actividades para as vindeiras datas ás que convidan a todos os veciños e veciñas.
A primeira delas é a charla a cargo de Manel Cráneo e Xavier Alcalá sobre ‘Como se fixo Cinza’, referíndose á novela ‘A nosa cinza’ de Xabier Alcalá. Esta desenvolverase o vindeiro 24 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura do municipio.
A outra actividade é o Magosto, dentro do Outono Máxico do municipio, que terá lugar o vindeiro 9 de novembro a partir das 20.00 horas, que contará con panceta, chourizos, castañas e viño. Ademais, a partir das 22.00 horas actuará o Dúo Ángel América e haberá chocolatada.