O Concello de Carballedo pon en marcha a Escola de fútbol para os máis cativos

RibeiraSacraXa
Os máis cativos do Concello de Carballedo xa poden inscribirse na Escola de fútbol.
futbol pelota campo balon
7 Out 2023

Os máis cativos do Concello de Carballedo xa poden inscribirse na Escola de fútbol. A proposta municipal está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos e prolongarase ata o mes de xuño.

A actividade comezará o vindeiro venres 13 ás 17.00 horas no complexo deportivo Catro Ventos (A Barrela). A iniciativa desenvolverase de outubro a xuño mantendo o mesmo horario, os venres de 17.00 a 18.00 horas.

Os interesados xa poden facer as inscricións no Concello de Carballedo ata o mércores 11 de outubro. Teñen preferencia os empadroados en Carballedo.

futbol_nenos_carballedo
0.10612607002258