O Concello de Carballedo organiza un Campamento Dixital de Nadal para nenos e adolescentes
RibeiraSacraXa
Terá lugar os días 22 e 23 de decembro e será necesario inscribirse previamente

6 Dec 2025
Durante esas datas, o Concello de Carballedo levará a cabo un Campamento Dixital Navideño dirixido a nenos e adolescentes de entre 9 e 14 anos. Nestas xornadas, os participantes poderán aprender sobre ciberseguridade e o uso responsable da tecnoloxía a través de actividades dinámicas e divertidas.
O campamento desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e é totalmente gratuíto, aínda que as prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 982 46 62 01, preguntando por Raquel.