O Concello de Carballedo acolle unha degustación gratuíta de produtos do mar e da terra

RibeiraSacraXa
O Concello de Carballedo ofrece o vindeiro luns 16 de outubro unha degustación gratuíta de 10 petiscos elaborados a base de produtos do mar e da terra.
casa concello de carballedo
12 Out 2023

O Concello de Carballedo ofrece o vindeiro luns 16 de outubro unha degustación gratuíta de 10 petiscos elaborados a base de produtos do mar e da terra. A iniciativa terá lugar na praza do Concello, na Tolda e na praza dos Pulpeiros.

A actividade comezará ás 11.00 horas no foodtruck situado na praza do Concello, na Barrela, ata as 13.00 horas. De 13.00 a 15.00 horas, continúa na Tolda, fronte ao bar Os Roxos. A última parada será na praza dos Pulpeiros, en Castro, de 17.00 a 19.00 horas.

A iniciativa forma parte da campaña Galicia Sabe Amar coa que a Xunta anima á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsa a súa venda e pon en valor o labor dos profesionais da pesca e o marisqueo.

Ao longo deste ano, o programa realízase a través de catro foodtrucks que levan o sabor das rías galegas por máis de 250 concellos de todo España.

desgustacion carballedo
0.20837306976318