O Concello de Bóveda volve poñer en marcha o servizo de madrugadores
RibeiraSacraXa
Bóveda volve poñer en marcha, por segundo ano consecutivo, o servizo da aula de madrugadores.
8 Out 2023
Bóveda volve poñer en marcha, por segundo ano consecutivo, o servizo da aula de madrugadores. O Concello acaba de abrir as prazas para inscribir aos nenos cuxos pais estean interesados en facer uso do programa.
O obxectivo principal da iniciativa é a de facilitar aos proxenitores a conciliación da vida persoal coa profesional. De novo, o servizo será de carácter gratuíto e prestarase de luns a venres en horario de 08.30 a 10.00 horas.
O programa está dirixido a aquelas familias que precisan deixar aos seus fillos cedo, antes do inicio da xornada lectiva. Os pais e as nais interesados poden inscribir aos seus fillos nas oficinas municipais