O Concello de Bóveda programa novas actividades de conciliación para o curso 2024-2025

RibeiraSacraXa
A iniciativa desenvólvese co fin de facilitar a conciliación das familias
Concello-de-Bóveda
11 Ago 2024

O Concello de Bóveda programa unhas novas actividades no centrosociocultural de formación e conciliación para os nenos e nenas de Bóveda co fin de facilitar a conciliación das familias de cara ao curso 2024/2025.

Así, será a Aula de Madrugadores, dirixida a pequenos de entre 3 e 12 anos de luns a venres en horario de 08.00 a 10.00 horas, cun uso que poderán elixir as familias, se semanal ou ocasional.

Ademais, tamén se ofrecerá a posibilidade de que os nenos e nenas de entre 3 e 16 anos aprendan inglés os luns de 16.30 a 18.30 horas para o alumnado de Educación Primaria e de 18.30 a 19.30 horas para o alumnado de Educación Secundaria.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 20 de agosto achegándose ao rexistro do Concello ou a través do teléfono 982 426 006.

0.19868493080139