O Concello de Bóveda ofrece actividades para os maiores
RibeiraSacraXa
Esta semana comeza o ciclo de actividades dirixidas para os maiores, organizadas polo Concello de Bóveda, que non terán custo para as persoas participantes que quieran exercitarse, tanto mental como fisicamente.
4 Out 2023

As propostas inclúen actividades de memoria e ximnasia de mantemento, que terán lugar tanto en Bóveda como nas distintas parroquias durante os meses de outubro e novembro.
Así, todos os veciños e veciñas que precisen destas actividades para mellorar a súa saúde e, de paso, desfrutar da compañía dos seus iguais, poderán apuntarse a estas actividades no Concello de Bóveda.