O Concello de Bóveda e Horticelos organizan unha nova edición do Outono de Teatro

RibeiraSacraXa
Coa colaboración da Deputación de Lugo, este programa de actividades culturais incluirá cinco actuacións de obras teatrais
Outono-de-Teatro-en-Bóveda
5 Out 2024

O Concello de Bóveda e a Asociación Horticelos organizan unha nova edición do Outono de Teatro, unha programación que inclúe representación teatrais ata decembro e que comezará o vindeiro 19 de outubro.

Coa colaboración da Deputación de Lugo, este programa de actividades culturais incluirá cinco actuacións de obras recoñecidas para o público, que poderá disfrutar destas actividades no centro sociocultural de Bóveda de maneira gratuíta.

Así, o día 19 de outubro terá lugar a primeira obra, ‘Os vellos non deben namorarse’, da compañía teatral Rebuldeira Teatro de Sarria, que terá lugar ás 19.00 horas.

Pola súa parte, o día 26 de outubro ás 18.30 horas será a quenda do Grupo humorístico Trípode de Alfoz, que representará ‘A presa’, unha comedia para todos os públicos.

Xa en novembro, o día 10 ás 19.00 horas, a compañía Santori Teatro de Lugo levará a Bóveda a súa obra ‘Masculino Singular’, unha traxicomedia musical para público maior de 14 anos.

O día 24 de novembro, tamén ás 19.00 horas, Nova Escena Lugo levará a súa obra ‘E.L. (Expectativa Lonxana) a Bóveda e esta tamén será para maiores de 14 anos, sendo unha comedia.

Finalmente, o 26 de decembro Xamón Producción representará a súa obra ‘María Balteira, a Bailadora Primeira’, que terá lugar ás 17.30 horas e consistirá en teatro e danza.

0.097874164581299