O Concello de Bóveda chama ao civismo tras un acto vandálico rexistrado miradoiro astronómico da serra de Penas

RibeiraSacraXa
Denuncian que un dos bancos instalados para a observación das estrelas foi arrancado e subliñan que se trata dun atentado contra o patrimonio
banco-arrancado-miradoiro-serra-de-penas
Banco arrancado no miradoiro da Serra de Penas
26 Sep 2025

O Concello de Bóveda lanzou un chamamento ao civismo tras o ataque sufrido no miradoiro astronómico da serra de Penas, onde un dos bancos instalados para a observación das estrelas foi arrancado e levado.

O goberno local rexeita de xeito rotundo este tipo de actos e subliña que se trata dun atentado contra o patrimonio, que tamén afecta á imaxe do municipio.

Ao mesmo tempo, desde o Concello fan un chamamento á colaboración cidadá e solicitan que, se alguén dispón de información sobre o incidente, se poña en contacto coas autoridades para axudar a evitar que se repitan feitos similares.

⚙ Configurar cookies
0.094099044799805