O Concello de Bóveda acolle dúas exposicións sobre o libro

RibeiraSacraXa
O Concello de Bóveda prepara para unha exposición didáctica sobre o libro, a súa historia e libros antigos
casa do concello de boveda
24 Abr 2021

O Concello de Bóveda prepara para unha exposición didáctica Breve historia do libro, na que téntase amosa en 11 paneis a evolución da conservación dos textos desde Mesopotamia ata a era dixital.

Tamén haberá unha mostra de libro antigo, O pracer de tocar e botarlle un ollo a un libro do século XX. Esta é unha colección de máis dun centenar de libros de todas as temáticas. Auténticas xoias bibliográficas, tanto en edicións de peto como ricas e coidadas encadernacións, desde libros infantís ata raras edicións de época.

Estas dúas exposicións serán na biblioteca e no centro sociocultural e poderase visitar de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, os marte de 18.00 a 19.30 horas e os mércores de 16.30 a 18.30 horas ata o 10 de maio.

0.12546277046204