O Concello da Pobra do Brollón organiza unha nova excursión ao balneario de Augas Santas

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro 21 de maio e é imprescindible notarse previamente
balneario-augas-santas
Balneario de Augas Santas
10 May 2025

Tras a boa acollida da primeira excursión celebrada en abril, o Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar unha nova saída ao Hotel Balneario Iberik Augas Santas, en Pantón. A actividade terá lugar o mércores 21 de maio en horario de mañá e está dirixida a persoas maiores de 18 anos que poderán en gozar dun circuíto termal de 90 minutos.

O prezo da actividade é de 21 euros por persoa, que inclúe o acceso ás instalacións termais do establecemento. Pola súa banda, o transporte será totalmente gratuíto, facilitado polo propio Concello.

As prazas son limitadas ata un máximo de 20, polo que desde a organización animan á veciñanza a anotarse canto antes. O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 16 de maio e debe formalizarse na Biblioteca Municipal, ben presencialmente ou chamando ao teléfono 982 430 546.

Con esta iniciativa, o Concello continúa apostando por actividades de benestar e ocio activo para a súa cidadanía, promovendo ao mesmo tempo o coñecemento de recursos termais da contorna.

⚙ Configurar cookies
0.16200590133667