O Concello da Pobra do Brollón organiza unha excursión para coñecer o municipio
O Concello da Pobra do Brollón organiza unha escapada á Guimaralia para a fin de semana do 8 e 9 de xuño co fin de dar a coñecer toda a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística do Concello.
Así, o día 8 desenvolverase un paseo pola Ribeira Sacra guímara con visita aos conventos e, á noite, as persoas participantes desfrutarán dunha cata musicas nas adegas medievais de Vilachá.
Pola súa parte, o domingo 9 a partir das 10.00 horas darase un paseo polo Camiño de Inverno, visitarase o Castro de San Lourenzo e Repil e xantarase no Fogón de Cereixa.
As persoas interesadas poderán reservar a súa praza antes do 2 de xuño e pagar un prezo de 65 euros, que incluirá a cea do sábado, almorzo e xantar do domingo, así como a durmida no albergue da Pobra do Brollón.