O Concello da Pobra do Brollón organiza unha excursión ao balnearia de Augas Santas

O Concello da Pobra do Brollón organiza, o vindeiro mércores 9 de abril, unha excursión ao Hotel Balneario Iberik Augas Santas, en Pantón, onde os participantes poderán facer o circuíto termal completo.
As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán anotarse ata o 4 de abril na Biblioteca Municipal ou a través do teléfono 982 430 546. Haberá un máximo de 30 prazas dispoñibles e a idade mínima para anotarse son os 18 anos.
A actividade ten un prezo de 21 euros e dá acceso ao circuíto termal de 90 minutos, mentres que o transporte será facilitado polo Concello da Pobra do Brollón de forma totalmente gratuíta.