O Concello da Pobra do Brollón organiza un torneo de fútbol de Semana Santa

RibeiraSacraXa
O prazo para inscribirse estará aberto ata este domingo, 13 de abril
torneo-futbol-sala-a-pobra-do-brollon
10 Apr 2025

O Concello da Pobra do Brollón colabora na organización dun torneo de fútbol sala que terá lugar os días 15, 16, 17 e 18 de abril, durante as vacacións de Semana Santa.

Os equipos interesados en participar poderán anotarse ata este próximo domingo, 13 de abril, a través dos teléfonos 722 671 662 ou 636 439 140. O prezo da inscrición é de 120 euros e o sorteo de equipos farase o 14 de abril.

Guimariñ@s busca xogadores

Ademais do torneo, o Concello informa de que o equipo local de fútbol sala Guimariñ@s está a buscar xogadores para formar un equipo, que comezará a adestrar despois da Semana Santa. O horarios estableceranse en función das e dos participantes, que poderán solicitar toda a información nas oficinas de Servizos Sociais, por teléfono a través do 609 004 451 e 982 430 447, ou por correo electrónico, a través da dirección educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.

⚙ Configurar cookies
0.18134593963623