O Concello da Pobra do Brollón organiza catro viaxes á praia este verán
RibeiraSacraXa
Os destinos serán Samil, o 20 de xullo e o 17 de agosto, Viveiro o 27 de xullo e Miño o 3 de agosto

Praia de Miño
9 Jul 2025
O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha este verán catro excursións á praia para pasar o día. As saídas serán os domingos 20 de xullo a Samil, 27 de xullo a Viveiro, 3 de agosto a Miño e 17 de agosto de novo a Samil.
O prezo é de 20 euros por viaxe e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse na Biblioteca Municipal ou chamando ao 982 430 546 ata o venres anterior a cada saída. Os autobuses sairán ás 8:00 horas diante do Concello.