O Concello da Pobra do Brollón instalará un ascensor no edificio administrativo para persoas con mobilidade reducida
O Concello da Pobra do Brollón vai mellorar a accesibilidade da Casa do Concello a través da instalación dun ascensor de baixa velocidade adaptado para persoas con mobilidade reducida.
O ascensor conectará a planta baixa do Concello coas oficinas municipais, situadas na primeira planta, para que así se poida atender a persoas con mobilidade reducida no sitio onde se ten que facer, xa que antes atendíanse na planta baixa por falta de medios.
A instalación do ascensor, así como as obras complementarias necesarias, financiaranse nun 30% con fondos do Concello e o restante 70% a través da Xunta de Galicia, ao amparo da subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais, destinada a concellos de Galicia para o ano 2023.