O Concello da Pobra do Brollón avisa da baixa calidade da auga na rede de abastecemento de Barxa de Lor
RibeiraSacraXa
A situación vén motivada polas chuvias rexistradas nos últimos días, que provocaron que o río Lor baixe cunha elevada carga de lodo

12 Feb 2026
O Concello da Pobra do Brollón avisa á poboación abastecida pola rede de Barxa de Lor da baixa calidade da auga para o seu consumo. Segundo explican, as chuvias rexistradas nos últimos días provocaron que o río Lor baixe cunha elevada carga de lodo, o que impide garantir unha calidade óptima da auga subministrada nesta zona.
Por este motivo, desde o Concello recomendan ferver a auga entre dous e tres minutos antes do seu consumo como medida preventiva. A recomendación afecta exclusivamente á zona de abastecemento de Barxa de Lor.