O Concello da Pobra de Trives avanza na mellora do Campo Municipal do Agro

RibeiraSacraXa
Crearase un campo moderno e accesible con céspede artificial, melloras no drenaxe e no rego e nova iluminación LED
obras-campo-municipal-o-agr-a-pobra-de-trives
Obras no Campo Municipal O Agro
16 Oct 2025

As obras do mellora do Campo Municipal do Agro continúan avanzando a bo ritmo. Así o aseguran dende o Concello da Pobra de Trives tras unha visita da alcaldesa, Patricia Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Fermín Santoveña, a este espazo.

O proxecto levado a cabo contempla a creación dun campo moderno, accesible e en óptimas condicións para clubs, deportistas e afeccionados.

Entre as actuacións destacadas atópanse a instalación de novo céspede artificial, a colocación de iluminación LED eficiente e melloras no drenaxe e rega do terreo.

Estas intervención, explican dende o Concello, buscan ofrecer un espazo deportivo de calidade que favoreza a práctica do fútbol e outras actividades no municipio, mellorando tanto a seguridade como a comodidade para todos os usuarios.

⚙ Configurar cookies
0.076308965682983