O Concello da Pobra de Trives activa unha campaña solidaria tras o incendio do pasado domingo nunha vivenda do municipio

O Concello da Pobra de Trives puxo en marcha unha campaña de colaboración cidadá para apoiar a unha familia que recentemente perdeu a súa vivenda e todos os seus bens a causa dun incendio. A iniciativa busca axudar aos afectados a recuperar, na medida do posible, a súa vida cotiá.
Ademais do apoio inmediato con material escolar, roupa e útiles básicos, articularase tamén unha axuda económica para a familia.
Quen desexe colaborar poderá facelo a través da conta bancaria facilitada polos propios membros da familia. O Concello fai un chamamento á solidariedade da cidadanía neste momento difícil.