O colexio de Sober celebra o 'Día da muller e da nena na ciencia' cunha videoconferencia

RibeiraSacraXa
A doutora especialista en medicina física, Susana Rodríguez, natural do municipio, achegará ao alumnado a súa experiencia
10 Feb 2021

O Concello de Sober e o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme organizan este xoves un encontro por videoconferencia coa doutora Susana Rodríguez González. A actividade foi deseñada para conmemorar o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, que se celebra cada 11 de febreiro.

A doutora, natural de Sober, é especialista en medicina física e rehabilitación, e ela mesma foi alumna do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. Na actualidade, Susana Rodríguez é doutora da Unidade de Rehabilitación Neurolóxica e Dano Cerebral do Hospital Universitario Vall d'Hebron de Barcelona.

A conexión por videoconferencia farase ás 11:30 horas e será seguida polo alumnado desde a Biblioteca do centro. O Concello de Sober agradece a colaboración da médica, que achegará a súa experiencia aos nenos e nenas do municipio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17004919052124