O Colectivo Vermut organiza un evento solidario en favor das vítimas da DANA de Valencia

RibeiraSacraXa
A actividade consistirá nun Bingo Solidario o vindeiro 14 de novembro
Cartaz-bingo-solidario-colectivo-vermutt
Cartaz 'Bingo Solidario'
4 Nov 2024

O Colectivo Vermut organiza un evento solidario en apoio ás persoas afectadas pola recente DANA na Comunidade Valenciana.

O vindeiro xoves 14 de novembro, de 20.30 a 22.30 horas, o Restaurante Garden acollerá un bingo solidario cuxa recadación será destinada integramente á Cruz Vermella da Comunidade Valenciana para axudar nos labores de emerxencia. Ademais, o Restaurante Garden súmase a esta causa doando 1 euros de cada consumición realizada durante o bingo.

Candela López, presidenta do Colectivo Vermut, explicou que, tras avaliar diferentes formas de colaborar, decidiron destinar os fondos directamente a quen está traballando na zona afectada. “Consideramos a posibilidade de comprar produtos e envialos, pero as necesidades cambian rapidamente. Cremos que quen está sobre o terreo son os que mellor poden xestionar os recursos”, comentou Candela.

Os premios do bingo serán xenerosamente doados por empresas e colaboradores da comarca. Desde o Colectivo Vermut, convidan a quen desexe contribuír a esta causa para poñerse en contacto a través das redes sociais da asociación ou a achegarse directamente á xerencia do Restaurante Garden.

Con este evento, o Colectivo Vermut e o Restaurante Garden queren “agradecer a resposta solidaria da comunidade e recoñecen o espírito de colaboración de todas as persoas que, coa súa participación, demostran unha vez máis a forza e solidariedade da nosa poboación”.

0.18075799942017