O colectivo Polamiúda organiza unha palestra sobre a independencia do Sáhara Occidental

RibeiraSacraXa
O colectivo Polamiúda organiza unha palestra sobre a independencia do Sáhara Occidental impartida por Souadou Mohamed Fadel
souadou mohamed fadel
18 Mar 2023

Esta tarde o auditorio municipal de Chantada acolle unha charla da activista pola independencia do Sáhara Occidental, Souadou Mohamed Fadel.

A cita terá lugar ás 18.00 horas e está organizada polo colectivo Polamiúda.

Neste evento, a activista pola independencia do seu pobo nos colectivos Juventud Activa Saharaui e Comunidade Saharaui en Galicia contextualizará aos asistentes a loita do Sáhara desde a perspectiva do papel protagonista das mulleres saharauis, conectando coas compañeiras que se atopan en territorio ocupado e nos campamentos de Tinduf.

Palestra saharaui
0.21721291542053