O colectivo Polamiúda organiza un obradoiro de menupausa, alimentación, saúde e chan pelviano

RibeiraSacraXa
O colectivo Polamiúda organiza un obradoiro de menupausa, alimentación, saúde e chan pelviano o vindeiro 29 de xuño
Obradoiro Menopausa Polamiuda ENC
18 Xuño 2023

Polamiúda organiza un obradoiro de menopausa, alimentación, saúde e chan pelviano o vindeiro 29 de xuño no Telecentro de Chantada, un “espazo cómodo e seguro”, explican. Así, nesta iniciativa participarán Olga Vecín de la Fuente, nutricionista, e Raquel Dorado Castro, matrona.

Esta actividade, que só acollerá a 20 participantes, ten como obxectivo abordar a menopausa dun xeito informado e empoderado , explorando “cuestións fundamentais para o teu benestar durante esta etapa de transición”, argumenta.

Ademais, tratarse o tema da alimentación, que debe ser axeitada para unha menopausa saudable, así como darán consellos prácticos para manter unha boa saúde xeral, así como se tratará a importancia de coidar o chan pélvico durante esa etapa.

“Conseguirás ferramentas valiosas para afrontar os retos que poden xurdir durante a menopausa e vivir plenamente esta nova fase da túa vida”, sosteñen.

Obradoiro Menopausa Polamiuda
0.22464990615845