O colectivo feminista chantadés Polamiúda organiza a manifestación do 8M

RibeiraSacraXa
O colectivo feminista chantadés Polamiúda organiza a andaina do 8M e o Concello ten previstas máis actividades
8m Concello de Chantada
7 Mar 2023

O Concello de Chantada organiza diversas actividades polo Día da Muller, este 8 de marzo, que comezaron o venres pasado co coloquio 'Mulleres emprendedoras de Chantada'.

O acto central do 8M será a concentración promovida pola asociación feminista chantadina Polamiúda, que convoca ás mulleres ás 20.00 horas fronte á Praza de Santa Ana, onde se comezará a andaina ata a Praza do Cantón, onde se lerá o manifesto.

Así, as asistentes percorrerán as rúas de Chantada reivindicando os seus dereitos como mulleres nunha xornada de "loita e resistencia da muller", como defenden desde o colectivo feminista.

Mentres, desde o Concello convocan a súa lectura do manifesto ás 13.00 horas no salón de plenos da Casa da Cultura do Concello.

Outras actividades polo Día da Muller

O Espazo Xove de Chantada acolle este mércores actividades gratuítas para a mocidade desde as 16.00 ata as 20.00 horas cun panel expositivo da historia do feminismo, un obradoiro de construción de figuras antropomórficas, ecofeminismo, xogos pola igualdade e dinámicas lúdicas sobre estereotipos.

Por outra parte, o vindeiro 17 de marzo terá lugar un contacontos pola igualdade nos colexios de Chantada e o 25 de marzo celebrarase o último contacontos pola igualdade na Biblioteca Municipal ás 12.00 horas.

O Espazo Xove Chantada celebrará este mércores, 8 de marzo, Día da Muller con estas actividades gratuítas de 16:00 a 20:00 h.

8m Concello de Chantada
0.1349618434906