O Club Taekwondo Neka foi homenaxeado polos éxitos obtidos no ano 2023 polo Goberno de Monforte

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, homenaxeou no salón de plenos da Casa do Concello ao Club Taekwondo Neka e a 18 dos seus deportistas polos excelentes resultados acadados tanto no Campionato de Europa de Taekwondo e o Campionato de España.
4 Jan 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, homenaxeou no salón de plenos da Casa do Concello ao Club Taekwondo Neka e a 18 dos seus deportistas polos excelentes resultados acadados tanto no Campionato de Europa de Taekwondo e o Campionato de España.

En ambos os dous campionatos, conseguiron un total de 24 medallas, 13 de ouro, 4 de prata e 7 de bronce; os deportistas do Neka, ademais de conseguir o bronce no Campionato de España como Club por equipos.

O rexedor, en nome de todos os monfortinos, felicitou ao adestrador, José María Vega, e aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial. Constitúe unha oportunidade única de promoción para a nosa cidade”. Así, Tomé animounos a seguir traballando e a esforzarse para manter este nivel competitivo, consciente de que superalo resulta complicado.

Axuda por parte do Concello de Monforte

O alcalde, ademais, comprometeuse a seguir respaldando ao deporte base e aos clubs como o Ximnasio Neka, “que traballan por promocionar as distintas modalidades entre os máis pequenos, destacando a importancia que ten calquera actividade na formación integral das novas promesas”.

Pola súa banda, José María Vega, director deportivo do club monfortino, declarou sentirse moi orgulloso dos resultados alcanzados, que son consecuencia de todo o esforzo feito polos deportistas do club.

Ademais, quixo agradecer ó alcalde a recepción celebrada no Concello, por constituír un recoñecemento ao gran traballo que están a realizar estes mozos deportistas, que tal e como afirma Vega, están a levar o nome de Monforte por diferentes campionatos nacionais e internacionais. O director deportivo, tamén quixo agradecer as axudas que están a recibir desde o Concello, que consideran de vital importancia para o Club.

No acto de recoñecemento, o alcalde estivo acompañado polos 18 deportistas homenaxeados, ós que lles entregou un trofeo conmemorativo como mostra de agradecemento polo seu esforzo, polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Sanidade, Pilar Espinosa, así como familiares e representantes do Club Neka.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1764190196991