O Club Quixós de Monforte conseguiu 12 medallas na 4ª Competición da Liga Galega Slam-Trofeo

RibeiraSacraXa
O Club Quixós de Monforte conseguiu 12 medallas na 4ª Competición da Liga Galega Slam-Trofeo do Concello de Monforte
trofeo deporte Monforte
24 Xul 2023

Os gañadores e participantes da 4ª Competición da Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte foron recibidos no Paseo do Malecón polo alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán.

Durante o recibimento e acto, o rexedor fixo entrega no paseo do Malecón, das medallas e premios correspondentes á esta iniciativa deportiva organizada polo Club Quixós de Monforte, coa que colabora tanto o goberno local como a Deputación de Lugo.

En total, foron 12 medallas as que obtiveron os máis novos do Club Quixós. En categoría alevín, Xoel Fernández foi ouro en C-1 e prata en K-1, mentres que Lucas Pavón acadou un bronce en C-1 e K-1. En infantil, Martín Prats e Sara Inés conseguiron o ouro en C-1 e K-1. Pola súa parte, na categoría benxamín, Abril Fernández e Antón Liñares levaron ouro en K-1. E, por último, o debutante Breixo Fernández foi ouro en categoría prebenxamín.

0.12637901306152