O Club de Montañeiros Celtas visitou o CPI Poeta Uxío Novoneyra

RibeiraSacraXa
A axenda retomarase esta mañá , ás 11.00 horas, cunha marcha de orientación na aldea de Moreda para alumnos e alumnas de Secundaria.
courel(1200_x_628_píxel)
15 Xuño 2022

O Club de Montañeiros Celtas, en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel e o Concello de Folgoso do Courel, continúa hoxe, 15 de xuño do 2021, coas súas actividades no CPI Poeta Uxío Novoneyra.A alcaldesa, Lola Castro, foi a encargada de entregarlles onte un agasallo aos nenos e nenas do colexio; unha braga deportiva para o pescozo para empregar nas súas rutas.

A axenda deu comezo coa presentación e explicación das actividades de orientación.Ás 11.00 horas os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primara fixeron una marcha de orientación na aldea de Parada. Ao remate, houbo un relatorio sobre a ‘Ascensión ao Annapurna (8091m)-Himalaia’, a cargo de Sechu López, o primeiro galego en subir a este monte, considerado un dos máis difíciles do mundo. A actividade diríxese a alumnas e alumnos de Secundaria.

A axenda retomarase esta mañá , ás 11.00 horas, cunha marcha de orientación na aldea de Moreda para alumnos e alumnas de Secundaria.

montaneiros2 (1)
0.20935893058777