O Club de Montañeiros Celtas chegará ao CPI Uxío Novoneyra
RibeiraSacraXa
O programa de actividades realizarase en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel e o Concello de Folgoso do Courel.
10 Xuño 2022
O programa realizarase en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel e o Concello de Folgoso do Courel.
O CPI Poeta Uxío Novoneyra unirase os vindeiros días 13 e 14 de xuño ás actividades de sendeirismo programadas por O Club de Montañeiros Celtas.
A axenda comezará o luns, aproximadamente ás dez da mañá, cando se darán a coñecer as actividades de orientación. Tamén se concederá un agasallo a cada un dos cativos participantes.
Sobre as 11.00 horas os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primara emprenderán unha marcha de orientación en Parada, aldea do poeta Uxío Novoneyra.
Ao remate, ao redor 12.15 horas, os alumnos poderán escoitar un relatorio sobre a ‘Ascensión ao Annapurna (8091m)-Himalaia’, narrado por Sechu López, o primeiro galego en subir a este monte, considerado un dos máis complicados do mundo.
Asemade, a xornada continuará o martes, día 14, ás 11.00 horas, "cunha marcha de orientación na aldea de Moreda para alumnos e alumnas de Secundaria", detallan desde o centro público.