O Club de Lectura Fácil de Bóveda rende homenaxe a Rosalía de Castro

RibeiraSacraXa
Durante este mes de febreiro o libro escollido será ‘A filla do mar’, unha iniciativa á que se sumarán outras actividades para lembrar a figura da autora.
a-filla-do-mar-rosalia
5 Feb 2026

Como cada mes de febreiro, o Concello de Bóveda homenaxea á escritora Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento. Para celebralo, o Club de Lectura Fácil lerá a obra ‘A filla do mar’.

Ademais, desde a Biblioteca Pública Municipal organizaranse outras actividades para lembrar a figura da autora.

O Club de Lectura Fácil, promovido pola Axencia de Lectura Municipal de Bóveda, está dirixido a persoas maiores de 14 anos. Os préstamos realízanse durante 45 días e, unha vez finalizada a lectura, convócase unha reunión para comentar e compartir impresións sobre o libro.

⚙ Configurar cookies
0.076843976974487