O Club de Lectura Fácil de Bóveda celebrará unha nova reunión este venres

RibeiraSacraXa
Os membros reuniranse para comentar o libro ‘Cruce de Mundos’ e prepararán o seguinte título, que será ‘Madame Bovary’, de Gustave Flaubert
Club-Lectura-Fácil-Bóveda
Imaxe do Club de Lectura Fácil de Bóveda
5 Nov 2025

O Club de Lectura Fácil de Bóveda celebrará este venres, día 7, ás 11:30 horas, unha nova sesión na que se comentará o libro ‘Cruce de Mundos’, da autora Ana Tortajada.

A actividade está promovida pola Axencia de Lectura Municipal do Concello de Bóveda e está dirixida a persoas maiores de 14 anos. O club ofrece aos participantes a posibilidade de ler un libro cada 45 días e, ao rematar o prazo, realizar unha reunión para compartiren impresións sobre a obra.

O seguinte título que se lerá será ‘Madame Bovary’, de Gustave Flaubert.

⚙ Configurar cookies
0.0677170753479