O Club Ciclista Chantadino organiza o I CicloCross Concello de Taboada
O Club Ciclista Chantadino organiza, co Concello de Taboada e a área de Cultura, Deporte e Medio Rural da Deputación de Lugo, o I CicloCross Concello de Taboada.
Desta maneira, o vindeiro 27 de outubro, domingo, terá lugar esta proba, que está incluída na Copa de Galicia de Ciclocross 2025 e de categoría 1.33.5 puntuable para o Ranking Nacional de Ciclocross da Federación Española de Ciclismo.
As persoas interesadas en participar deste evento, que comezará ás 10.00 horas, xa poden apuntarse a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo.
Con respecto ás categorías, haberá Sub-23 Fem., Sub-23, Master 60 fem., Master 60, Master 50 fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 fem., Master 30, Junior fem., Junior, Escuelas, Elite UCI, Elite fem., Elite, Cadete fem., e Cadete.