O Club Atletismo Chantada organiza unha andaina polas ribeiras de Sabadelle
RibeiraSacraXa
Será domingo 11 de maio, e as inscricións xa están abertas

15 Apr 2025
O Club Atletismo Chantada organiza no mes de maio a ‘Andaina de Primavera’, que percorrerá o domingo 11 de maio as ribeiras de Sabadelle. As persoas participantes percorrerán aproximadamente 11 quilómetros por esta zona, a través dunha ruta de dificultade media con saída e chegada na Adega Sabatelius, que sairá ás 10.00 horas.
A cita conta coa colaboración co Concello de Chantada, Sabatelivs Laren, a Asociación Landra, Protección Civil e Ambulancias Calvo. As inscricións están abertas a través da web de CCNorte.