O Club Arenas conmemora o seu centenario en Monforte
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª enente de alcalde, Gloria Prada e polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, participou nos actos de conmemoración do centenario do Club Arenas que se celebraron en Monforte. En concreto, o rexedor monfortino acudiu ó inicio do partido homenaxe que se disputou no campo municipal de fútbol Luís Bodegas, no que se enfrontaron antigo xogadores do club distribuídos en 2 equipos, Arenas Legends e Arenas e Amigos.
En total, inscribíronse para este partido homenaxe 130 xogadores deste histórico Club. Na súa intervención antes do saque de honra, o Alcalde, manifestou o seu apoio e o do seu equipo de Goberno para que o Club Arenas poida volver a recuperarse e participar de novo en competicións, xa que actualmente non conta con equipos en activo. O rexedor monfortino manifestou que, “si o Club Arenas volve a competir, contará coa axuda do Concello, nas mesmas condicións que o resto de clubs deportivos da cidade”.
O saque de honra foi efectuado polo Alcalde e polo histórico presidente do Club Arenas, Manolo Rodríguez. Cada equipo xogou cunha camiseta conmemorativa dos 100 anos do Club, un xogou de negro e o outro de amarelo. Nos actos do centenario do Club Arenas, tamén se celebrou unha comida de confraternización, e a Capela de Carude acolleu unha exposición de fotos antigas do Club. Estes actos de centenarios foron organizados por veciños do barrio de Carude, coa colaboración do Concello de Monforte.