O Círculo Saviñao prepara unha fin de semana de música e teatro

O Círculo Saviñao prepara unha fin de semana de música e teatro que comezará este mesmo venres coa actuación da banda Traveling Blues and Swing Trio. O grupo chega dende Francia e actuará ás 20:00 horas.
Mañá, sábado 1 de novembro, será a quenda do teatro coa compañía Colectivo Cultural Ollomao, que levará a súa función ‘Pan con chocolate’ ao Auditorio Municipal de Escairón ás 18:00 horas.