O Círculo Saviñao participou na XXVII Romería da Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais

RibeiraSacraXa
Os socios do Círculo Saviñao non se quixeron perder un encontro que despois de 27 anos segue a atraer a moitas persoas
excursión-Círculo-Saviñao
20 Xuño 2024

O Círculo Saviñao vén de participar na XXVII Romería da Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais que este ano se celebrou en Celanova, fermosa vila na que coñeceron a súa riqueza artística e literaria.

O xantar de confraternidade realizouse en Lobios Caldaria-Hotel Balneario, onde tamén houbo sobremesa con actuacións musicais, e rematouse a xornada cunha visita ó complexo arquolóxico romano do Concello de Bande Aquis Querquennis.

Un ano máis, os socios do Círculo Saviñao non se quixeron perder un encontro que despois de 27 anos segue a atraer a todos os que consideran que "crear lazos de amizade entre as nosas sociedades é un valor que non debemos esquecer".

0.21711182594299