O Círculo Saviñao acollerá a actuación de Soul and Roll o sábado

RibeiraSacraXa
Soul and Roll actuarán no Círculo Saviñao o vindeiro sábado 12 de agosto a partir das 20.
exposición circulo savinao
9 Ago 2023

Soul and Roll actuarán no Círculo Saviñao o vindeiro sábado 12 de agosto a partir das 20.00 horas nun concerto na terraza aberto ao público, para que todas as persoas interesadas poidan participar.

Soul & roll é un dueto acústico formado por Tamara Pérez e Miguel Araújo que comeza a súa andaina en Ourense no ano 2013 e sempre van compañados das guitarras acústicas, o ukelele, a percusión ou o loop station.

A agrupación conta con algún tema propio ademais dos temas feitos unha versión e os os temas máis solicitados nos directos son as cancións máis representativas do Pop, Soul, Blues ou Rock tanto nacional como internacional.

Soul and Roll Círculo Saviñao
0.1564998626709