O Círculo Saviñao acolle un concerto a cargo ‘El piano en el desván’
RibeiraSacraXa
Será este sábado ás 20:00 horas

6 Feb 2026
O Círculo Saviñao acollerá este sábado, 7 de febreiro, un concerto a cargo do grupo ‘El piano en el desván’. Trátase dunha agrupación formada por Pablo, Ana, Guille e Martín, veciños do Saviñao afeccionados e profesionais do mundo da música.
A actuación comezará ás 20:00 horas e o acceso será libre e gratuíto, aberto a toda a veciñanza e visitantes que queiran asistir.