O Círculo Saviñao acolle o concerto de Nerea Iglesias e a actuación de Diana Tarín e Gonzalo Herrero

RibeiraSacraXa
A terraza do Círculo Saviñao acolle este sábado, 19 de agosto, o concerto de Nerea Iglesias a partir das 20.
Terraza Circulo Saviñao
18 Ago 2023

A terraza do Círculo Saviñao acolle este sábado, 19 de agosto, o concerto de Nerea Iglesias a partir das 20.00 horas, un evento ao que poderán acudir todas as persoas interesadas sen necesidade de pagar entrada.

O Círculo Saviñao, así, promove actividades lúdicas e culturais para os veciños e veciñas de Escairón, para que pasen un tempo entretido e compartindo tempo coas súas amizades.

Para o vindeiro 26 de agosto, o sábado próximo, o Círculo Saviñao tamén acollerá un concerto a partir das 19.15 horas, desta vez da man de Diana Tarín, a cantante afrocubana que deleitou aos organizadores do programa 'La Voz' e o músico Gonzalo Herrero.

0.082332134246826