O Círculo de Saviñao acolle este venres a presentación do novo libro de Fernando Saco

RibeiraSacraXa
O autor compartirá as claves de 'As matemáticas máis sorprendentes' o 3 de xaneiro
libro fernando saco saviñao
2 Jan 2025

O Círculo de Saviñao acollerá este venres, 3 de xaneiro, ás 20:00 horas, a presentación do libro 'As matemáticas máis sorprendentes', escrito por Fernando Saco.

Durante o evento, o autor, coñecido pola súa destacada labor como divulgador científico, ofrecerá unha interesante visión sobre o fascinante mundo das matemáticas. A obra, publicada por Edicións Xerais na súa colección de ciencia, convida aos lectores a descubrir a beleza e a utilidade das matemáticas, tanto en situacións cotiás como no ámbito científico.

A presentación está aberta a todos os públicos, dende afeccionados á disciplina ata aqueles que queiran achegarse por primeira vez ao apaixonante universo dos números. Esta será unha ocasión única para interactuar co autor e coñecer as curiosidades e anécdotas que se esconden detrás desta ciencia fundamental.

0.17230606079102