O Círculo de Benestar dirixido a mulleres chega a Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
A primeira sesión será este luns no local social de Seoane e na Casa do Concello de Folgoso
circulo-de-benestar
15 Jun 2025

O Local Social de Seoane e a Casa do Concello de Folgoso acollerán o vindeiro luns, 16 de xuño, un ciclo de benestar dirixido a mulleres. Baixo o título “Círculo de Benestar: claves para o autocoidado”, o Concello de Folgoso do Courel pon en marcha unha serie de obradoiros que comezarán cunha primeira sesión sobre autocoñecemento emocional.

A través deste ciclo, as participantes traballarán nun grupo de apoio de mutuo e aprenderán a coñecer as súas emocións de forma conxunta.

Durante este primeiro taller, a educadora social Paula Santos axudará ás participantes a identificar e recoñecer as emocións, explorando as súas orixes e efectos no benestar persoal para conectar coas necesidades de cada unha e comprender mellor como se manifestan no corpo e na mente.

A actividade é totalmente gratuíta e está destinada a mulleres maiores de 16 anos. O horario será de tarde, entre as 15.30 e as 17.00 horas no Local Social de Seonae, e de 17.30 a 19.00 horas na Casa do Concello de Folgoso.

⚙ Configurar cookies
0.078336000442505