O Círculo Cultural Recreativo Saviñao nomea a Enrique Pérez Losada como Socio de Honra
O Círculo Cultural Recreativo Saviñao aprobou na última asemblea, a proposta dun grupo de socios e por unanimidade dos presentes, nomear a Enrique Pérez Losada como Socio de Honra.
Enrique Pérez Losada (Escairón, 1930) foi un dos máximos impulsores da creación do Círculo Cultural Recreativo Saviñao en 1958 e seu presidente entre os anos 1960 e 1964, volvendo a exercer a mesma responsabilidade entre 1970 e 1973. Tamén foi vocal de 1964 a 1968 sendo presidentes José Ramón Seoane Rocha e Mario López Fernández, e entre 1974 e 1979 con Camilo Rodríguez Curto ó fronte da sociedade, ano que foi elixido alcalde do Concello do Saviñao.
Pola súa moita dedicación, o impulso decisivo e polo permanente afecto que lle dedicou a esta nosa entidade cultural e recreativa, a xunta directiva tamén considera que Enrique Pérez Losada é merecedor do máximo recoñecemento que prevén os estatutos do Círculo Saviñao.