O cine de autor regresará á Pobra de Trives este sábado da man do director Alber Ponte

O próximo sábado 4 de outubro, o Auditorio Julio Vázquez acollerá ás 20:00 horas a proxección da curtametraxe muda ‘Sin parangón’, dirixida por Alber Ponte, que volve así a Trives por segunda vez.
A xornada terá un carácter especial xa que, ao finalizar a sesión, unha cámara gravará ao público aplaudindo, xa que estas imaxes formarán parte da secuencia final da nova película do director, ‘Alicia lo sabe’, que se rodará esa mesma fin de semana.
Trátase dunha oportunidade para desfrutar de cinema de autor e, ao mesmo tempo, converterse en parte dunha película, facendo desta proxección un evento especial para a comunidade local.